sábado, 24 de octubre de 2015

Plantas para vagos

                   
       Plantas que viven do aire.
                           

caravel aéreo 

Tillandsia Aeranthos
Esta é unha planta que eu chamaría de “ poleiro “. 
Si amigos ,o caravel de aire tan só precisa un sitio para empoleirarse fuxindo do inimigo herbívoro.
 Entón , ¿de que viven?

Plantas epífitas, do grego  “epi “ sobre e “phyton” planta, refírese a calquera planta que crece sobre outro vexetal usándoo soamente como soporte, pero que non o parasita.
  
Absorben a auga necesaria para o seu crecemento a través da néboa , as choivas , e en momentos de aridez resisten perfectamente grazas ás adaptacións fisiolóxicas das súas follas. Os sales minerales, extráenas de restos de animais  que morren sobre as plantas, do po que ven no vento ou disoltas na mesma auga de choiva .
 
  E agora , a pregunta que nos facemos todos. 
  Como chegou alí? ás alturas?

Cóntovolo agora 

jueves, 22 de octubre de 2015

Plantas

 Colecciono plantas pero non estou tola                   porque... 





             Colección de plantas para vagos .
           Teño plantas pequenas
               teño plantas grandes, ¿e qué?

¿ Sodes vagos ? Teño unha planta para vos.
  Tranquilos! non quero cambiarvos só quero poñervos en contacto co Cosmos , do que por certo , formamos parte e todo . Só quero dotarvos dun amigo vexetal , lento ,constante e forte coma vos .
Valentes ! que sodes uns valentes !  
Lonxe de estigmatizaros, quero rendervos unha sincera homenaxe .



Por iso non me podo aguantar sen publicar, no voso honor ,este artigo  do científico. Andrew J. Smart 




 

E si , aínda logo de ler este artigo , séguenvos criticando ; entón deberedes pensar que se trata dunha perigosisima enfermidade infecto-prexuiciosa "intolerancia á vagancia" .

         Tratamento:
             *Si o paciente está en fase inicial : outro artigo máis
    
   - http://elventano.es/2014/07/elogio-de-la-vagancia.html

do  “El Ventano “ (recomendo vivamente as súas tiras cómicas !!!)            
          *Si o paciente está grave :
   - Unhas páxinas destes libros , antes de pensar 




E para vós queridos vagos , para que non teñades nin que pasar a folla dun libro ,van estes deliciosos audios do libro de Fadanelli. 
http://www.ivoox.com/podcast-elogio-vagancia_sq_f15972_1.html


   

miércoles, 14 de octubre de 2015


A sala de exposicións GALIOART situada no antigo macelo  de Ortigueira .É máxica , vive coas mareas e mira cara á nosa preciosa ria .


 Cartel de Diego Dopico . Moitas gracias a Diego , a Vicente e a GALIOART por darme a oportunidade de mostrar o meu traballo.



A árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galicia. A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha delicia dos oídos, porque nela cantan os paxaros; é un arrolado do espírito porque nas súas pólas conta contos o vento. A árbore pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e 'bonitura' CASTELAO.